Actividades Montañismo e Sendeirismo, Actividades Sociais-Culturais, Concursos Sociais, Trevinca75anos

NO TEITO MÁIS ALTO


Este pasado finde a bandeira do club, xunto coa do Concello de Vigo, chegou ao teito máis alto de España… polo de agora.

Os socios Javi Pereiro, Francisco Rdguez. “Kiko”, Lois Faro, Carlos Garrido, Nacho Rdguez. e os amigos Mónica García e Martín Romero chegaban con elas ao cume do Teide (3718m) nun percorrido que iniciaron, con nocturnidade e alegría, dende a praia del Socorro en Tenerife. 



Un total de 19 horas, once para subir e oito para baixar, foron as empregadas no durísimo percorrido de 56km en total, sen parar apenas para facer as fotos na altura máxima do teito de España.



Fantástica experiencia, fermoso amencer no cume, e sobrecarga muscular “marabillosa” ao rematar de novo nas augas da praia tinerfeña.
FELICIDADES a eles e vos animamos a viaxar e a levar como compañeira a bandeira do club.