Actividades Montañismo e Sendeirismo, Fotos

No corazón de Picos de Europa

 

 

 

E con Picos de Europa no corazón chegamos a Vigo tras pasar catro días fantásticos con base en Posada de Valdeón, no macizo Central, e rodeados de cumes abruptas e impresionantes.

 

Coa meteoroloxía a favor,  agás o primeiro día no último instante para acadar o cume do Pico Gabancea  por mor dunha tormenta situada enriba nosa. O que nos obrigou a descender axiña, no medio dun forte ventisqueiro, cando so apenas uns poucos lograran chegar a cima. Desta volta non se cumpriu o dito de que “o que mal empeza mal acaba”, se non mais ben todo o contrario.

No medio dunha paisaxe primaveral  chea de luz nos os faiais e rodeados de diferentes tonalidades verdes nos vales, puidemos desenrolar as actividades previstas se ben algunha cume foi restrinxida  pola gran cantidade de neve que coroaba os cumes.

 

 

Los Moledizos  (2297 m) dende Panderruedas pola Canal del Perro, e La Torre del Hoyo Oscuro (2417 m) dende o Puerto de Pandetrave con pernocta no refuxio de Collado Jermoso, foron as actividades máis fortes dos catro días.

Tardaremos en esquecer a travesía dende Pandetrave  pola marabillosa Vega de Liordes, con descenso a  Cordiñanes  pola Canal de Asotín,  para chegar de novo a Posada de Valdeón. Fantástica volta.!!!

E tamén tardaremos en esquecer os vinte un  quilómetros de  postre final entre Posada e Pocebos, pola inigualable Garganta del Cares, obra extraordinaria da Natureza e mais do home que sempre nos deixa abraiados pola súa espectacularidade.

 

 

Tivemos de anfitrión ao noso amigo Miguel, da “Depor de Torrelavega”. El, e a súa cámara inseparable, Grazas Miguel,  inmortalizaron os mellores momentos que vivimos, e que podemos lembrar premendo AQUÍ.

Regresar a la lista