Actividades Montañismo e Sendeirismo, Fotos

MULTIACTIVIDADE NO PORMA

 

Tres días de actividade de sendeirismo, montaña e rafting na contorna do río Porma que resultaron fantásticos e moi intensos, como ides a ver.

O venres gozamos moito nun sendeiro onde a primavera estaba exultante de cores facendo cume no Pico de La Hoya.

Xa na tarde-noite un pouco de “terraceo de cañas” polas rúas de Boñar, onde fixemos base, completaron o día.

O sábado amenceu algo chuvieiro, pero ás dez dá mañá xa lucía o sol e puidemos facer a actividade preparada; a fermosa e atrevida aresta que forma a Forqueta de Arintero (co seu parecido á famosa Brecha de Rolando).

Dezasete socios e socias gozamos dás trepadas e destrepes que esta líena, de caliza crebada, transcorre pegada ao encoro de Porma formando unha paisaxe espectacular. Co pico Susarón presidindo as augas contidas no encoro de Porma rodeado de montañas cas súas tonalidades primaverais.

Todos xuntos, coa atención e tensión exixida polo percorrido aéreo, gozamos dunha excelente xornada mentres o resto de compañeiros circundaban esta impresionante muralla.

O domingo nova ascensión (Pena San Pedro) para uns e actividade de rafting polo rio Porma para outros.

Divertidísima e refrescante mañá para os vinte e oito que, repartidos en catro balsas percorreron sete quilómetros polas revoltas augas do Porma.

Outra actividade a lembrar que podemos “revivir” premendo AQUÍ