ACTIVIDADES DO SEMESTRE
MACIZO VALDEPRADO-LEITARIEGOS
Data: 11 e 12 de febrero
Lugar: Leitariegos

LUBIÁN-ALTO TUELA
Data: 11 e 12 de marzo
Lugar: Lubián

PARQUE NACIONAL DE GUADARRAMA
Data: 6 ao 9 de abril
Lugar: Guadarrama

ARRIBES DEL DUERO
Data: 29 de abril – 01 de maio
Lugar: Aldeávila

A FONSAGRADA
Data: 27 e 28 de maio
Lugar: A Fonsagrada

BABIA
Data: 17 e 18 de xuño
Lugar: Torrebarrio

PICOS DE EUROPA
Data: 22, 23, 24 e 25 de xullo
Lugar: Interprovincial

CAMPAMENTO DE VERÁN
Data: 1 ao 10 de agosto
Lugar: Val de Núria (Girona)

A pesares de non contar en Galicia, verdadeiramente, con montañas de certa importancia, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia organiza cada mes unha actividade, como mínimo, de fin de semana ou varios días, onde saímos na procura desas montañas de neve e rocha en León, Asturias ou Cantabria.
Deste xeito, hai moi poucos anos percorremos toda a cordilleira cantábrica por etapas e non deixamos nunca de visitar zonas como Os Ubiñas, Picos de Europa, Somiedo, Riaño ou mesmo a incrible montaña palentina. Xa cando dispoñemos de máis días ou no verán, o noso club estende estas actividades dende a serra de Gredos ata os Pireneos ou mesmo aos Alpes franceses. Daquela, puidemos realizar grandes travesías e subir míticos cumes como o Balaitus, Monte Perdido, Aneto, Bachimala, Grand Vignemale, la Dôme de Neige e ouros moitos.
O desprazamento para estas actividades realízase en bus e nelas adoitamos facer dous ou tres grupos, facendo travesías e vivaqueando no monte uns, mentres outros practican o sendeirismo por profundos vales e frondosos bosques, durmindo en refuxios ou albergues. Deste xeito cadaquén pode amoldarse a facer a actividade que máis lle interesa.

O MONTAÑISMO
Teriamos materia dabondo para encher moitas páxinas falando do montañismo pero non é esa a intención, nin este o lugar. Aínda así, podemos resumir moi polo miúdo algúns datos, pois a bibliografía é moi extensa.
Foi no século XVIII cando o alpinismo (subir montañas nos Alpes) cobrou interese polos primeiros montañeiros que se aventuraron nas grandes conquistas.
A cordada liderada por Edward Whymper conquistou o cume do Cervino o 14 de xullo de 1865, cun descenso dramático. A ascensión pola cara Norte, no 1931, foi o último gran problema dos Alpes.
A escalada das Grandes Caras Norte, o Eiger e as Grandes Jorasses quedan tamén gardadas nas mellores páxinas da historia da escalada nas grandes paredes dos Alpes. O gran Walter Bonatti ascendería a Directa Cara Norte do Cervino, en solitario, en febreiro de 1965.
Dende entón a nómina dos grandes montañeiros que saltaron á conquista do Himalaya é inmensa: dende os primeiros intentos, antes e durante a II Guerra Mundial, que remataron coa ascensión ao primeiro oitomil, o Annapurna, por Maurice Herzog e Louis Lachenal en 1950, ata a conquista do Everest (8.848m) en 1953 por Edmund Hillary e o sherpa Tenzing Norgay, pasando polos grandes fitos acadados por Reinhold Messner, considerado o máis grande alpinista da historia e o primeiro en conquistar os 14 oitomiles.
Hoxe en día o montañismo conta con multitude de especialidades afíns, como o sendeirismo, a escalada, nas súas distintas variantes, o barranquismo, o esquí de travesía, e as carreiras por montaña, por citar algunhas.
No ano 2015, o número de licenzas de montañísmo emitidas pola Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME) xa supera as 108.000, e conta con 2.600 clubs, sendo o quinto deporte a nivel do estado que máis licenzas deportivas emite.
Xa para rematar, diremos que montañeiros do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia realizaron grandes ascensións en todos os grandes macizos: Alpes, Andes e tamén no Himalaya, no que destacamos a Jesús Martínez Novás que foi o primeiro español (en 1998) en alcanzar o Everest sen axuda de osíxeno artificial.
Máis recentes son as ascensións nas Grandes Jorasses, pola vía Colton Mclntyre (en 2014), e The Nose en El Capitán-Yosemite, no 2015, realizadas tamén por un socio do noso club.