Tras o traslado da actividade por motivos meteorolóxicos…
Como e lóxico tendes que volver a anotarvos os que estades interesados en facer a actividade nestas novas datas.
Deixámosvos este VIDEO para que vos animedes:
Recordamos o programa da actividade:
Sairemos o sábado día 4 as 6 da maña, para chegar a Estación de Esquí de Pajares canto antes, e que os esquiadores poidan gozar da neve.
Aquí no seguinte enlace, podédevos informar do estado das pistas, remontes e mailos prezos.
Ese día, para os máis fortes, temos previsto percorrer o macizo de “Peñalaza” dende Villanueva de la Tercia ata a mesma estación de esquí. Esta actividade requirirá de experiencia no uso de material de progresión invernal: crampóns, piolet, raquetas. Podedes facervos con este material no club. Para o resto do grupo temos prevista unha ruta máis doada por esta mesma zona.
O domingo poderá seguir esquiando quen o desexe, e os da pe percorreremos boa parte da vía romana ou “Calzada de la Carisa”, un trazado apto para todo o mundo, coroando o Pico Boya (1725 m.), onde se conservan os restos dunha fortificación militar.
Estaremos aloxados nun albergue a pé de pistas, en réxime de media pensión.
ATENCION OS XUVENIS xa que é unha ocasión fenomenal logo de facer o curso para que, o mesmo que os maiores, se poidan afianzar no seu coñecemento da montaña invernal e os deportes de neve.