No ano 2020 tivemos o pracer de inaugurar un novo apartado no noso club, a sección de Medio ambiente.

A palabra medio ambiente defínese como o conxunto de compoñentes físicos, químicos e biolóxicos cos que interaccionan os seres vivos. Neste ámbito, o cometido desta vogalía é que todos teñamos un pouco de coñecemento deses compoñentes, das relacións humano-ecosistema e das alteracións que se están a producir no Planeta Terra, tanto das debidas a nosa actividade como as que transcorren de xeito natural.

Intentaremos tratar os temas que arriba se expoñen. Dende mostrar o fermoso que teñen os bosques, o mar e a montaña ata analizar actividades como a queima de combustibles fósiles, a sobrepesca ou a extracción de recursos minerais.

Estes temas de cotio se deixan ao carón, sen embargo, nunca foi máis preciso tratalos que na actualidade. Atopámonos nun momento de cambio sen precedentes, e isto quere dicir que o lugar onde vivimos está cambiando a un ritmo tan elevado que nin sequera podemos predicir con exactitude cales serán as consecuencias, se ben, podemos intuír as causas. A conciencia ambiental global é un feito relativamente moderno; foi adquirido por todos nos case de maneira obrigatoria debido ás catástrofes medioambientais que foron ocorrendo dende principios do século XX. Dende grandes terremotos ata pandemias mundiais pasando por incendios, sequías, perda de hábitats ou extincións de especies entre outros. Sen embargo, neste tempo, contribuír a mellorar o planeta non é cuestión de moda, é unha necesidade. É tempo de tomar conciencia e de actuar, cara onde orientar os esforzos xa é elección de cada un.

ACTIVIDADES DO SEMESTRE

CONFERENCIA. “PRADEIRAS MARIÑAS E CABALIÑOS DE MAR”
Data: 25 de xaneiro
Lugar: Edificio Cambón-Vigo

2º CICLO DE MONTAÑA, MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Data: 21-22-23 de marzo
Lugar: Auditorio Concello de Vigo

PLANTACIÓN DE ÁRBORES
Data: 23 de abril
Lugar: A determinar

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS
Data: 10 de xuño
Lugar: A determinar