Actividades Montañismo e Sendeirismo

MARCHA GALEGA POR MONTAÑA. CAÑÓN DO SIL (10 Maio)

Nesta Marcha Galega por Montaña, os amigos do “Club de Montaña Ribeira Sacra” convídannos a percorrer un treito do PRG-86 “Sendeiro dos Viñedos da Ribeira Sacra” ata os Chancís, onde temos unhas fermosas vistas do encoro de Santo Estevo. Seguiremos polos muíños do río Xábrega e logo, xa polo sur do concello continuaremos por todos os miradoiros do canón do Sil: miradoiros da Cividade, o de Boqueiriño e o de Santa Cristiña.
Será un fermoso percorrido de 22 km que rematará en Barranes de Arriba.
 
Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo desta camiñada.
Lembrade que ao tratarse dunha actividade federativa é obrigatorio ter a Licenza deste ano.

Trátase, por diferentes razóns, dunha actividade que non debemos perder xa que o lugar e a compañía o merecen abondo.

A  LISTA  PARA  APUNTARSE  XA  ESTÁ  ABERTA

 

ATA O XOVES DÍA 7, ÁS 21 HORAS