Novas do mundo

MÁIS “TREVINCOS” AO ANETO

Non se pode dicir que este ano o Aneto non recibirá “visitas” de socios de Trevinca. Ben co club, ou de xeito individual, fomos moitos os que desfilamos este ano polo “Paso de Mahoma”.
Pois ben, aproveitando que meu fillo Carlos podía, e o tempo acompañaba, alá nos fomos “os Garrido”. De cando en vez gústanos moito facer unha destas escapadiñas.
Foi moi agradable atoparnos cando chegábamos á Renclusa co grupo dos outros catro trevincos que xa baixaban de facer cumio ese día; nós, o faríamos ao día seguinte. Apenas tivemos tempo de tomar unha cervexa, pero sí nos contaron detalles da súa ascensión.
 
Ao día seguinte de facer nós esta cume, referente máxima dos Pireneos, nos achegamos ata o desfiladero de Mont-rebei, en Cataluña pero moi pretiño de Aragón. Fantástico lugar, paraíso agochado dos escaladores, que vos invito a que visitedes cando pasedes preto desa zona. Mágoa que non se chega co bus…
 
 
Déixovos unhas FOTOS AQUÍ e unha aperta.

Carlos Garrido