Actividades Escalada, Novas do mundo

Máis parabéns…

Desta toca enviar a nosa NORABOA ao socio Samuel Barreiro Ramilo e ao noso vogal de Escalada, Carreiras e Refuxio, Nacho Rodríguez Pequeño, ambos acadaron recentemente o título de «Monitor de rocódromo».
O pasado venres achegouse ao club, para facer entrega dos títulos, o director da EGAM, David Pérez Araújo.
 
Sen dúbida unha moi boa nova para eles e tamén para o noso club que sigue medrando no número de xente ben formada e preparada para as diferentes prácticas deportivas.

Á túa esquerda David Pérez, no centro Nacho e o noso presidente que representou a Samuel quen non puido asistir á entrega

 

 
 
 

Regresar a la lista