Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís

MÁIS INFORMACIÓN SAÍDA “ILLAS CÍES” (14 e 15 de maio)

HOXE, MÉRCORES 11, DERRADEIRO DÍA PARA APUNTARSE

Esta fin de semana (14 e 15 de maio) imos facer un campamento moi preto dunha das mellores praias do mundo, e visitaremos esta illa da man do noso compañeiro do club Santi Boado (Guía acreditado do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia). Será o encargado de amosarnos a illa dun xeito diferente a como estamos acostumados a percorrela.

 

Moito por facer:

Sendeiros sinxelos e aptos para todas as idades, marcha nocturna con observación astronómica, o mellor lugar para o snorkel (non esquecervos das lentes, tubo e bañador), durmir nunha tenda de campaña…

É unha actividade sen limite de idades e aberta a calquera dos vosos amigos e coñecidos que queiran coñecer o club, as nosas actividades e o ben que o pasamos en cada saída.
A navieira pídenos que ou LUNS DÍA 9 lle digamos un numero moi aproximado da xente que imos, para eles poder dispor das prazas no barco.
O mércores dia 11 confirmaremos a lista definitiva. Por este motivo temos que pechar a lista o mércores así que, se vos animades a adiantarvos ao verán nas mellores praias do mundo tedes que ANOTARVOS XA.

Marcharemos o sábado pola mañá e se alguén non o pode facer a esa hora que se poña en contacto co club que como sabedes ten solucións para case todo.

As 10,00h debemos estar todos na contorna das taquillas, no náutico.

Se animades a que veña algún NON SOCIO tedes que facilitarnos o seu nome e apelidos xunto co DNI e data de nacemento.
 
Calquera dúbida podedes chamar ao club.

 

UNHA ACTIVIDADE ESPECIAL QUE NINGUÉN DEBE PERDER