Licenza Federativa, Notas Informativas

Licenzas Federativas 2016

A FGM acaba de publicar a información relativa ás Licenzas Federativas para o 2016.

LICENZA FEDERATIVA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO PREZOS E COBERTURAS
2016 SEGUROS MAPFRE
MODALIDADE A B C D E OT
AMBITO TERRITORIAL ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS B MÁIS EUROPA MUNDIAL (EXCEPTO EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) MUNDIAL (PARA EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) IDEM A B (SOIO OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO) (1)
DISCIPLINAS ASEGURADAS Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña en ningun caso) Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas Ídem as da B Ídem a C Ídem a D Ídem as da B
Infantís (de 0 a 13 anos) (2) 17 € 18 € 26 € 41 € x x
Xuvenís (de 14 a 17 anos) (2) 37 € 40 € 56 € 84 € x x
Maiores (maiores 18 anos) (2) 61 € 64 € 102 € 150 € 498 € 49 €
SUPLEMENTOS: BTT (+20 €), ESQUI ALPINO (+30 €), ESQUI DE FONDO NORDICO (+5,90 €) E SNOWBOARD (+ 41,30 €)
(1) As licenzas OT son Licenzas tipo B soio para os meses de outubro, novembro de decembro para persoas que federanse por primeira vez.
2) Categoría infantil: Ata 13 anos cumpridos no 2016. Categoría xuvenil: de 14 a 17 anos cumpridos no 2016. Categoría maiores de 18 a 84 anos cumpridos no ano 2016.
Información na FGM

Por diversas razóns administrativas as solicitudes de Licenzas, asistencia a cursos da EGAM ou actividades federativas, DEBEN XESTIONARSE SEMPRE a través do club, nunca directamente na Federación. Excepcionalmente, por motivos de urxencia, podería facerse unha xestión directa coa FGM pero sempre poñéndoo en coñecemento da administración do club.


Para solicitar a Licenza debedes seguir os pasos:
 

a) Escoller a MODALIDADE que precisedes para a actividade deportiva que ides a realizar. Ex: B (Consultar táboa de prezos)

b) Facer o ingreso do importe total, NA CONTA DO CLUB. Pedir no Banco que no apartado “Concepto” poñan LICENZA, E O VOSO NOME. Ex: LICENZA LUÍS GARCIA G.

 
c) Facernos chegar o Documento de Solicitude cos vosos datos ben cubertos, se pode ser, o mesmo día que facedes o ingreso. Aquí podedes: Descargar impreso de solicitud 

Os ingresos na conta xa os verificamos nós dende o club. Solicitaremos a Licenza á FGM unha vez recibamos o Documento de Solicitude e teñamos constancia do ingreso. A compañía Aseguradora concertada é MAPFRE.

IMPORTANTISIMO:Obrigatorio pasar a recoller a Licenza antes de facer as actividades para confirmar que estades cubertos pola Compañía Aseguradora. Chamar ao club aos dez días de tela solicitado.

NOTA INFANTILES/ XUVENILES: Lembrade que estas licenzas están subvencionadas nun 50% polo noso club.