O proceso para a solicitude da licenza federativa así como que facer en caso de accidente descríbese neste apartado.
LICENZAS FEDERATIVAS INFANTÍS / XUVENÍS
Lembrade que as LICENZAS FEDERATIVAS para os infantís e xuvenís teñen unha subvención do 80% sempre e cando un dos titores sexa socio/a do club e tamén solicita a tarxeta federativa

Unha licenza que che asegura nas túas actividades deportivas de montaña. Unha licenza solidaria co Montañismo e cos Montañeiros.
A FGM publicou a información relativa ás Licenzas Federativas para o ano 2023.

Por diversas razóns administrativas as solicitudes de Licenzas, asistencia a cursos da EGAM ou actividades federativas, DEBEN XESTIONARSE SEMPRE a través do club, nunca directamente na Federación. Excepcionalmente, por motivos de urxencia, podería facerse unha xestión directa coa FGM pero sempre poñéndoo en coñecemento da administración do club.
Para solicitar a Licenza debedes seguir os pasos:
a) Escoller a MODALIDADE que precisedes para a actividade deportiva que ides a realizar. Ex: B (Consultar táboa de prezos)
b) Facer o ingreso do importe total, NA CONTA DO CLUB. Pedir no Banco que no apartado «Concepto» poñan LICENZA, E O VOSO NOME. Ex: LICENZA LUÍS GARCIA G.
c) Facernos chegar o Documento de Solicitude cos vosos datos ben cubertos, se pode ser, o mesmo día que facedes o ingreso. Aquí podedes: Descargar impreso de solicitude
Os ingresos na conta xa os verificamos nós dende o club. Solicitaremos a Licenza á FGM unha vez recibamos o Documento de Solicitude e teñamos constancia do ingreso. A compañía Aseguradora concertada é ALLIANZ
Vantaxes de solicitar a tarxeta federativa polo club Peña Trevinca:
– Subvención de ata un 80% no prezo da licenza federativa infantil e xuvenil.
– Desconto no prezo do bus nas actividades do club.
– Subvención dun 25% nos cursos da EGAM (máximo 100€ o ano)
QUE FACER EN CASO DE ACCIDENTE?
En caso de accidente, tedes que seguir o procedimento establecido pola Federación Galega de Montañismo. Podedes consultar a información premendo aquí.