Licenza Federativa

LICENCIAS

Comezamos o novo ano coas mesmas dúbidas coas que rematamos o 2020 e, sen lamentacións,  neste mes de xaneiro non imos programar ningunha actividade pero si estaremos atentos á posible evolución da pandemia. Se chegado o caso albiscamos a  posibilidade de poder facer algunha, tanto cos adultos como coa Sección Inf-Xuvenil,  inmediatamente faremos o posible por poñernos en contacto e tratar de realizala aínda que sexa cun número máis reducido de participantes. Pedímosvos tamén que esteades atentos ás redes sociais para estar ao tanto.

Por outra banda, xa vos temos informado polo miúdo da importancia de obter a licenza federativa, tanto pola cobertura deportiva como polas vantaxes que esta nos ofrece. A isto hai que engadir que é OBRIGATORIO ter un seguro para poder facer as actividades, de aí a nosa insistencia en solicitala.

O seguro de un día tan só é unha opción para utilizar nalgún caso excepcional e para iso teriades que solicitalo o xoves anterior á actividade, sempre antes das 21h.

Ademais, mantéñense os prezos do pasado ano. 


TODA A INFO: PREME AQUÍ


¡LICENZAS INF-XUVENIL!


Este ano a subvención das licenzas infantís e xuvenís pode chegar ata o 80%. Se no mesmo momento de solicitar a licenza do menor un titor, pai ou nai, tamén solicita a súa, verase beneficiado cun 36% de desconto por parte da FGM e cun 44% por parte do club na licenza do menor. No momento de facer a solicitude farase o ingreso do total das licenzas e posteriormente vos será reintegrada a subvención que corresponda. 

Un ano máis aconsellamos a modalidade B (21nas inf. e 46na xuvenil).