
O proceso para a solicitude da licenza federativa así como que facer en caso de accidente descríbese neste apartado.
LICENZAS FEDERATIVAS INFANTÍS / XUVENÍS
Lembrade que as LICENZAS FEDERATIVAS para os infantís e xuvenís teñen unha subvención do 50%.

Se non estades seguros, nunca mellor dito, ou non tedes claro que a licenza federativa poida ser útil para as vosas saídas montañeiras, deixámosvos un vídeo no que o Doutor en Dereito José María Nasarre, responsable da área de accesos e natureza da Federación Española de Montañismo, explica este tema con claridade. Probablemente cambiaredes de opinión. Na montaña, a seguridade é o primeiro.
A FGM publicou a información relativa ás Licenzas Federativas para o ano 2021.

Por diversas razóns administrativas as solicitudes de Licenzas, asistencia a cursos da EGAM ou actividades federativas, DEBEN XESTIONARSE SEMPRE a través do club, nunca directamente na Federación. Excepcionalmente, por motivos de urxencia, podería facerse unha xestión directa coa FGM pero sempre poñéndoo en coñecemento da administración do club.
Para solicitar a Licenza debedes seguir os pasos:
a) Escoller a MODALIDADE que precisedes para a actividade deportiva que ides a realizar. Ex: B (Consultar táboa de prezos)
b) Facer o ingreso do importe total, NA CONTA DO CLUB. Pedir no Banco que no apartado “Concepto” poñan LICENZA, E O VOSO NOME. Ex: LICENZA LUÍS GARCIA G.
c) Facernos chegar o Documento de Solicitude cos vosos datos ben cubertos, se pode ser, o mesmo día que facedes o ingreso. Aquí podedes: Descargar impreso de solicitude
Os ingresos na conta xa os verificamos nós dende o club. Solicitaremos a Licenza á FGM unha vez recibamos o Documento de Solicitude e teñamos constancia do ingreso. A compañía Aseguradora concertada é MAPFRE.
IMPORTANTISIMO: Obrigatorio pasar a recoller a Licenza antes de facer as actividades para confirmar que estades cubertos pola Compañía Aseguradora. Chamar ao club aos dez días de tela solicitado.
NOTA INFANTÍS/ XUVENÍS: Lembrade que estas licenzas están subvencionadas nun 50%.
QUE FACER EN CASO DE ACCIDENTE?
En caso de accidente, tedes que seguir o procedimento establecido pola Federación Galega de Montañismo. Podedes consultar a información premendo aquí.
Especially if all assignments the papers tackle just one argument or topic.