Actividades dos Infantís, Fotos

LEITARIEGOS 11 e 12 febreiro

Redonda, con esta palabra podemos resumir a pasada saída á neve do clube. En verdade pagou a pena o madrugón con que os máis pequenos comezaron esta aventura.

Dado que o sábado chegamos xa a unhas horas moi tardías para poder gozar do ski, o noso compañeiro Tomás deseñou unha bonita ruta de 10 kmts saíndo de Valdeprado e percorrendo uns preciosos bosques salpimentados de neve, auga e lugares de postal tal e como podedes ver nas fotos. Unha vez chegados ao pobo de Degaña esperamos o bus e xa marchamos ao Albergue de Villablino, todo un luxo de instalación e de trato por parte do personal.

O domingo voltamos a levantarmos cedo para saír coma foguetes cara a estación de Leitariegos. Logo de facer unha pequena cola compramos os Forfaits para os remontes e tamén alugamos o material de ski. Compre dicir que  o día anterior, a nosa compañeira Paz deixou reservadas dúas horas de clase para os rapaces… E alí foron os nosos cativos, cheos de ilusión e entusiasmo para estrearse neste deporte. Nalgúns casos era a primeira vez que pisaban unha estación de ski e por suposto  calzabanse unhas botas e unhas táboas.

… E despois de estas clases comprobamos porque moitas cousas hai que facelas de pequenos. Os pais e nais ollabamos como os nosos cativos baixaban soíños polas pistas de iniciación sen maior dificultade, facendo eses e subindo e baixando unha e outra vez…  As 16:00 arrancabamos para Vigo…. Sabedes cal era a frase máis repetida, non?… Cando voltamos??

Fotos aquí