Actividades dos Infantís, Fotos

Lago de Sanabria: Semana Santa Sección Infantil 2023

Por segundo ano consecutivo podemos dicir que pasamos una Semana Santa fantástica. Todo saiu a pedir de boca, o lugar, as excursións, o aloxamento … e por suposto o magnifico grupo que acudiu a nosa convocatoria.

Xoves 6. (O Teixedelo)

Comezou a S. Santa madrugando e saíndo as 8:00 hrs. cara a Alta Sanabria, concretamente o municipio de Lubián. Alí unha vez tomada a saida 102 da A52, dirixímonos o pobo de Hermisende. A escasos 2 kmts. atopamos un parking onde deixamos os coches e comezamos a percorrer unha fermosa senda de apenas 6 kmts que nos leva ata o Teixedelo, fermosísimo bosque de Carballos, helechos, uces e por suposto teixos, algúns deles de considerable porte.

    

Venres 7. (Cascada de sotillo e Lagoa de Sotillo)

Para esta xornada tiñamos preparada a ruta mais forte e sen dúbida a mais fermosa.  Saíndo do pobo de Sotillo, comezamos una sendeiro que levounos a fermosa cascada do mesmo nome. Logo tomar unhas fotos e tomar uns petiscos, continuamos subindo ata a Lagoa de Sotillo. Alí xantamos e non faltaron ganas de darnos un chapuzón pero en verdade que a auga estaba moi moi fría.  Continuamos camiñando cunhas fermosas vistas e sobre as 18:00 horas estamos entrando de novo no pobo. En total 14 kmts. cuns 700 mts de desnivel… non esta nada mal, sabendo ademais que viñan con nos 2 rapaciñas de apenas 5 anos… Nora boa¡¡¡

           

Sábado 8. (lagoa dos peixes e de Cubillas)

O penúltimo día subimos ata a lagoa dos peixes para facer un sendeiro circular que comezaba en dita lagoa, pasando pola lagoa de Cubillas, continuando ata o refuxio de eguas. De alí a un pouco topámonos cun neveiro que fixo as delicias de pequenos e maiores. Decidimos comer nun mirador natural o pé do camiño… alí deleitámonos coas vistas da nosa fermosa cume de Trevinca así coma a súa irmá pequena Pena Negra, tamén Pena Surbia e outro dos mil; o Moncalvo… Fixemos unha chea de fotos.

    

     

 

Unha vez rematada a Ruta, baixamos de novo o lagoa de Sanabria para darnos un merecido baño e tomar uns xeados os nenos e unhas cervexas os adultos. Un día redondo ¡¡¡

Domingo 9.

O derradeiro día fomos de excursión o centro do Lobo Ibérico – Félix Rdez. de la Fuente situado a 5 kmts. De Puebla de Sanabria. Ali atopamos unha magnífica instalación perfectamente equipada e enfocada a educación medioambiental se ben e certo que a estrela do recinto son un par de mandas de lobos en semi-liberdade.

     

Nunca viramos os nosos rapaces tan caladiños atendendo as explicacións das monitoras e vendo como lle botaba de comer os lobos. Rematamos a xornada comendo na praia fluvial de P. De Sanabria e regresando a Vigo cun enorme sorriso nos beizos. O ano que ven, mais e mellor.

Máis foto aquí

Regresar a la lista