10ª Etapa: Macizo dos Ubiñas
Non esquezades que o derradeiro fin de semana de agosto, dentro de cinco días, os nosos colegas da Sociedad Deportiva Torrelavega invítannos a facer a gran travesía dos Ubiñas na súa aventura de percorrer a Cordilleira por etapas.
Para acompañalos, dende Vigo sairemos en coches na véspera, o venres 26pola tarde, facendo noite no Refuxio de Torrebarrio. O sábado27 xuntarémonos cos cántabros no cume do Ubiña Pequena, pois eles saen dende casa Mieres (Puerto de la Cubilla) a primeira hora da mañá. Logo faremos xa todos xuntos o Peña Ubiña Grande, baixando pola súa atrevida aresta este ata a “Senda das Merinas”, para acabar a xornada no refuxio do Meicín, onde está previsto pasar a noite.
O domingo 28 remontarase pola “Pasada del Siete” e o “Canalón del Buey” ata o cume dos Fontanes. Logo pasaremos polo Prau, onde colleremos a senda ou “sedo” que de forma aérea sortea a imposible aresta norte desde pico, para chegar ata a Muesca Colines e o pico de este mesmo nome. Dende alí xa colleremos cara a Torrebarrio.
Serán dous días de verdadeiras sensacións montañeiras e magnífica compañía.
Para anotarvos podedes chamar ao teléfono de actividades do club, o 660.69.35.35.