Novas do mundo

INFORMACIÓN VOLUNTARIADO CONTRA OS LUMES

Despois da traxedia acontecida na pasada fin de semana hai moit@s soci@s que nos están preguntando como poden axudar a paliar as graves consecuencias sufridas polos nosos montes.
 
Dende o Club, primeiro de todo, queremos facer un chamamento á calma. Tanto o Concello como diferentes asociacións e comunidades de montes afectadas están a pedir, por favor, que ninguén pise o monte ata que se vaian definindo o conxunto de   accións a seguir en cada unha das zonas afectadas.
Nós estamos pendentes de todas as novas que van xurdindo dende diferentes asociacións e estamos á espera de que o voluntariado se poda poñer en marcha.
Ata o de agora o que podemos facer é abrir unha lista dos socios que estén interesados en participar destas tarefas, para elo podedes ESCRIBIR UN MAIL  a  info@trevinca.es facéndonos saber que queredes axudar e tan pronto teñamos novas de como, cando e donde se pode empezar avisaríamosvos.
 
Todos temos moitas gañas de axudar pero nestes momentos hai que ter calma.