Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís, Actividades Espeleoloxía

INFORMACIÓN ACTIVIDADE INFANTIL E XUVENIL «Covas e abrigos na contorna de Vigo» (Domingo, 21 de xaneiro)

A LISTA PARA APUNTARSE A ESTA ACTIVIDADE XA ESTÁ ABERTA!!!
 
(Lembrade que tedes que pedir a licenza antes do venres!!!)

Para estrear o ano imos facer unha actividade un pouco diferente. Imos descubrir as covas e os abrigos naturais que nos ofrece a contorna de Vigo.

Primeiro iremos ata Cabo Silleiro e veremos a furna da Lagoa, cunha importante colonia de morcegos, e despois visitaremos as baterías de Cabo Silleiro por dentro. Logo, desprazarémonos ata o Galiñeiro e nunha pequena ruta visitaremos O Coto da Moura, con gravados do Neolítico e da Idade de Bronce, A Casa do Demo, coa base dunha bigornia (yunque), ATouba do Brión e A Rais, con gravados.

 

PLAN DA XORNADA

 
«A casa do demo»
«Baterías de Cabo Silleiro»
 

 
 

 

 

 

Regresar a la lista