Actividades Montañismo e Sendeirismo, Trevinca75anos

INFO: PICOS DE EUROPA

Saímos de Vigo na noite do xoves ao venres ás 00.00 horas, viaxando pola noite.

Levar a mochila de ataque preparada para camiñar, tras almorzar,  sobre ás 8h.
O autobús vai cheo, logo ter precaución á hora de preparar a equipaxe. Mellor non traer maletas ríxidas. 

É necesario levar saco. Por gañar espazo na mochila, quen o prefiera, pode alugar sábanas no albergue.

Non serán necesarios crampóns nin piolet.