
ACTIVIDADES DO SEMESTRE
(*) Como consecuencia das obrigas educativas dos nosos infantís (aulas, exames, etc.), vémonos na necesidade de planificar as actividades deste grupo con pouco tempo de antelación polo que é posible que moitas das saídas non aparezan publicadas nesta web. Para ter a información actualizada, poderedes consultar o noso blog onde teredes cumprida conta de todas as actividades previstas por estas mozas e mozos.
ENTRE O GALIÑEIRO E O ALOIA
Data: 19 de xaneiro
Lugar: Monte Aloia (Tui)
I PROBA ESCALADA BASE
Data: 8 de febreiro
Lugar: Ourense
MUIÑOS DO FOLÓN E PICÓN
Data: 23 de febreiro
Lugar: O Rosal (Pontevedra)



II PROBA ESCALADA BASE
Data: 7 de marzo
Lugar: A Coruña
SUSPENDIDA
RUTA POLA SERRA DO XURÉS
Data: 14-15 de marzo
Lugar: Serra do Xurés – Albite
SUSPENDIDA
RUTA SENDEIRISTA
Data: 29 de marzo
Lugar: O Morrazo



SUSPENDIDA
III PROBA ESCALADA BASE
Data: 18 de abril
Lugar: Vigo
ADIADA
ASCENSIÓN AO MONTE MURALLA
Data: 19 de abril
Lugar: Lousame – A Coruña
SUSPENDIDA
O PICO SACRO
Data: 10 de maio
Lugar: Santiago de Compostela



SUSPENDIDA
COÑECENDO AS NOSAS ILLAS
Data: 21 de xuño
Lugar: Illas de Ons e Sálvora
SENDEIRISMO E KAIAK
Data: 27 de setembro
Lugar: A determinar
ASCENSIÓN AO MONTE MURALLA
Data: 18 de outubro
Lugar: Lousame – A Coruña



ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO
Data: 25 de outubro
Lugar: A determinar
MAGOSTO INFANTIL E XUVENIL
Data: 7 e 8 de novembro
Lugar: A determinar
RUTA MONTE CASTELO
Data: 29 de novembro
Lugar: O Morrazo



MARCHA DO PAVO E BELÉN DE CUMES
Data: 20 de decembro
Lugar: Budiño


Dende hai xa varios anos, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia estableceu unha Sección Infantil que vén funcionando regularmente, onde pais e nenos gozan de actividades ao aire libre, realizando rutas de sendeirismo e ascensións en media montaña, nunhas actividades deseñadas e desenvolvidas especificamente para esta sección.
Cada mes o club leva a cabo dúas actividades que adoitan ser, unha de domingo e outra de fin de semana. Estas actividades, ás que normalmente nos desprazamos en autobús, teñen lugar dentro e fóra de Galicia, visitando con certa frecuencia lugares como O Courel, Trevinca, As Fragas do Eume ou ben distintas zonas do rural galego e portugués. En ocasións, tamén nos trasladamos a realizalas a zonas de montaña de León, Picos de Europa etc.
Como para calquera actividade do club, é preciso ser socio, e no caso dos menores tamén é obrigatorio estar federado. O custe da licenza federativa conta cunha importante subvención por parte do club. A posesión desta licenza dá pé a ter cobertura de accidentes e a poder participar en actividades federativas.
A cada actividade o menor debe ir acompañado de, cando menos, unha persoa responsable (nai, pai, titor…) que participará coa actividade do grupo. Deste xeito, pais e nenos conviven dende o momento de subir ao bus, nun ambiente de aventura e disfrute que os leva a vivir, e compartir, deporte e natureza.
Con certa frecuencia aprovéitanse estas rutas para visitar museos, mosteiros ou calquera outro lugar de interese cultural ou etnográfico, tratando de dar contido e diversidade ás actividades, de xeito que estas proporcionen un valor engadido á formación dos rapaces.
No aspecto puramente deportivo, os nenos poden ir introducíndose no mundo da escalada, fortalecéndose e gañando en aspectos de coñecemento e seguridade. Para poñer en práctica estas capacidades, o club conta cunha instalación de búlder no propio local social.
A importancia e desenvolvemento que desta sección se fai dentro do club, lévanos a contar con preto de cen rapaces federados. Nenos e nenas que desenvolven estas actividades ao longo de todo o ano.