Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís

Infantil-Xuvenil «Xantar de Nadal e concerto montañeiro» (Domingo, 18 de decembro)

¡¡AÍNDA QUEDA ALGUNHA PRAZA!!
 
-Previamente faremos unha pequena ruta pola contorna do monte Cepudo.
-Quedaremos na praza de España ás 10:00h da mañá para achegarnos, nos nosos coches, ao restaurante «Sanatorio do Alba» para iniciar desde alí o percorrido.
-Todos os nenos deben levar un agasallo para un amigo invisible, de non máis de 3 euros.
-Animamos a todo o que saiba tocar algo de música que se anime a ter o seu momento de gloria. O Local onde celebraremos o xantar conta cun estupendo escenario.
-Trataremos de organizar aos nenos para que canten un par de panxoliñas.
-Poñeremos uns vídeos con imaxes das actividades realizadas ao longo deste ano.
-A comida a levara cada familia e alí compartiremos todo entre nós nunha magnífica Festa de Nadal.
 
¡¡¡ANIMÁDEVOS A  PARTICIPAR NESTA FESTA TAN ESPECIAL!!!
Regresar a la lista