Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís

INF-XUV: MUIÑOS DO PICÓN E FOLÓN (23 de febreiro)

Por mor da falta de neve, vémonos obrigados a cancelar a saída a Manzaneda e buscar outra alternativa para saír coa rapazada. Nesta ocasión, cremos que a ruta que discorre entre os muiños do Folón e do Picón, no concello do Rosal, gustará a rapaces e maiores.

¡Hoxe abrimos a lista!



Estas construcións son un fermoso exemplo de arquitectura tradicional que hoxe en día, afortunadamente, están catalogadas como BIC (Bens de Interese Cultural). Destacamos ademais o seu asentamento  nunhas ladeiras que fan de mirador natural de todo o Rosal, do monte Santa Tegra e mais do pai Miño…

¡¡¡Non esquezades a cámara de fotos!!!