Novas do mundo

II Trail Orixes de Mondariz

Celebrouse o pasado domingo 11 de novembro a segunda edición desta proba que ofrece tres distancias diferentes: Maratón, Trail e Minitrail, todas elas recorren os montes que rodean o Val do Tea en Mondariz.
 
Dous dos nosos socios, Lois Faro Fortes e Francisco Rodríguez Silva “Kiko”  participaron na que definiron como “a dura proba” de Maratón (46 quilómetros), representando ao Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia. Os dous remataron cun tempo de 6 horas, 41 minutos. Kiko acadou o segundo posto na súa categoría VET-B o que o fixo subir ao podio.
 
PARABÉNS  Kiko!!!
PARABÉNS  Faro!!!




Os participantes nun avituallamento
Lois con mallas negras e Kiko con pantalón curto




Kiko no podio.
Fotografía:megustamipueblo