Novas do mundo

«II Trail A Costeira»

Non nos cansamos de felicitar ao noso socio Eduardo Sotelo Martínez polas clasificacións acadadas.
 
O pasado domingo, e organizado polo Club Cazafantasmas, celebrouse en terras de Mosende (O Porriño) o «II Trail A Costeira», Eduardo chegou en 2ª posición na carreira de 42 km cuns 2700 m de desnivel positivo.  
O trail foi moi técnico e cun percorrido esixente aínda que tamén moi fermoso e ben organizado.

VER MÁIS FOTOS

  
NORABOA, UNHA VEZ MÁIS, EDUARDO!!!