Actividades Escalada

II proba da Copa Galega de Escalada Base

Onte domingo, no pavillón das Travesas en Vigo, celebrouse a II proba da Copa Galega de Escalada Base. O club organizador foi Montañeiros Celtas, contando coa colaboración da FGM.
 
Foto: Montañeiros Celtas
Coma sempre ocurre nestes eventos foi un gran día e, para os participantes, unha magnífica experiencia. Así nolo fixeron saber os nosos socios representantes: Juan Correa e Xián Peláez quenes participaron baixo a atenta ollada do noso Vogal de Escalada, Nacho Pequeno.
 
Aquí están durante a proba. Xián con camiseta branca e Juan coa camiseta vermella.
 

 NORABOA E A SEGUIR CONQUISTANDO AS ALTURAS!
Regresar a la lista