Actividades Sociais-Culturais

II Edición «Traballando Nun Soño»

Porque non todo na vida é deporte… Aquí vos queda un pequeno resumo en imaxes do que foi a «II Edición de Traballando nun soño», evento celebrado o pasado venres na sala de teatro «Ártika». Unha velada que resultou divertida, emotiva e moi solidaria, na que participamos máis de 300 persoas entre actores, colaboradores e espectadores.
 

NORABOA ao noso socio Luis Álvarez Real polo éxito obtido o pasado venres con este evento solidario, promovido e organizado íntegramente por el.
 
NORABOA tamén a nosa ONG amiga, DA MAN, quenes se levan a nada despreciable cifra de 5000 € para seguir axudando e mellorando o nivel de vida da xente de Senegal.
 
GRAZAS a todos os socios que aportastes o voso grao de area facendo a que o SOÑO se convertese  nunha REALIDADE.
 
Graciñas a Carlos Carrera polas fotos.
 


NON DEIXEMOS NUNCA DE TRABALLAR POLOS NOSOS SOÑOS 


 
Diferentes alumnos da Escola de música de Coruxo (ESMUCO)


Mª Carmen Pardo e Idoa Lazpita co seu «Aurresku Agurra Dantza» (típico baile vasco)




Muiñeira e xota da Asociación cultural, artística e deportiva de Areas (Ponteareas)



Agrupación de canto tradicional Voces da Survia, socios do Club Peña Trevinca




Kaleye Diamono con música de Senegal
Luis Álvarez Real e as súas adaptacións musicais





O noso socio Luis Domínguez, Enma Domínguez e os seus monólogos




O socio Antonio Fernández cos seus chistes e cancións
Idoia Lazpita, unha vasca bailando por sevillanas





Diferentes coreografías da Escola de baile Unidance



Os socios Servan Otero e Luis Álvarez homenaxeando ás nosas Montañas


 






As socias Mar Nieto (xersei raiado) e Chus Iglesias co libro escrito por Mar, «Lucas»
Posto de venda camisetas «Talla Telas África»



Luis Álvarez entrega o «Cheque Soñador» de 5000 € a Pilar Martínez
Presidenta de DA MAN