Actividades Montañismo e Sendeirismo

Fotos «VIII Etapa da volta ao Bierzo e derradeira etapa da Travesía del Norte»

Fomos máis de 80 os montañeiros que na ponte de outubro andivemos a camiñar polos cumios de Ancares celebrando a nosa «VIII etapa da Volta ao Bierzo» e tamén con moitísimas gañas de acompañar ao noso club irmán, SD Torrelavega, na súa derradeira etapa da «Travesía del Norte».
Houbo rutas para todos os niveis e ninguén quedou sen gozar dun bo paseo disfrutando das fermosas paisaxes (coa mágoa de comezar a ollar os primeiros lumes que nalgunhas das zonas xa fixeran acto de presenza).
 
Un agradecemento enorme tanto para o noso  vogal de montaña, Tomás Campo, coma para Fernando Carrasco da Deportiva, que foron quen de organizar con éxito esta numerosa saída, permitindo que o resto de montañeiros só nos tivésemos que preocupar de camiñar e gozar da compañía.

Botaremos en falta estas actividades comúns dos dous clubs, aínda que tamén cremos que algunha idea xurdirá, máis preto que lonxe, para que voltemos a gozar todos xuntos das nosas montañas.

Grazas a todos os socios que nos acompañastes nesta actividade tan especial. 
 
As fotos son cedidas por Carlos Garrido, Marta Vázquez, José Manuel González e Carlos Carrera. Graciñas.