Actividades Montañismo e Sendeirismo, Campamento Verán

Fotos «Campamento de verán: Dolomitas»

Xa de volta do campamento de verán deixámosvos unha mostra do que deron de sí os sete días de montaña.  
 
Queremos facer público o noso recoñecemento a todas as persoas que axudaron para que gozaramos tanto desta viaxe. En primeiro lugar un inmenso agradecemento para a socia que fixo posible que nos entenderamos con toda a xente no noso destino, Eva Torres quen exerceu de tradutora, intérprete, axudante de todo e para todo.
 
Grazas aos nosos guías nas diferentes rutas: Lois Faro, o noso vicepresidente, José Mª Grova, vogal de sendeirismo e a Nacho Pequeno, o noso vogal de escalada que foi quen de  guiarnos nas rutas máis difíciles e esixentes.
 
Grazas a todos os socios que participastes nesta saída xa que sin vós non sería posible.
 
Grazas a José Manuel González por cedernos boa parte das súas fotos.