Actividades Montañismo e Sendeirismo

Fotos Andaina e Carreira «HAPPY GO RUNNING»

Aquí vos quedan dous álbums con fotografías do que foron a andaína e a carreira «Happy Go Running» celebradas o domingo pasado na contorna da Universidade de Vigo.
 
Noraboa ao noso grupo de andaríns e corredores xa que todos remataron as súas correspondentes distancias. Tamén lle queremos facer chegar os nosos parabéns pola xestión do evento aos responsables por parte da Universidade.
 

Agradecementos para todos aqueles socios que colaboraron na organización da andaina.

 
Grazas a tod@s por  facer deste día unha magnífica xornada de deporte e diversión.