Actividades Sociais-Culturais, Novas do mundo

FIN DUN PROXECTO SOLIDARIO


O pasado luns día 25 asistimos á entrega dos cartos recadados a través do colectivo  MGxN a María Climent -directora da ONG, SOS HIMALAYA- co fin de axudar á minimizar, un chisco,  os danos resultantes do terremoto que asolou terras nepalís hai pouquiño máis dun ano. 
Temos que estar tremendamente orgullosos por axudar a acadar este cumio tan solidario no que os 8.848 metros iniciais  se converteron en 11.237 metros.  

 
O «Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia» queremos dar as grazas a todos os socios, amigos e simpatizantes que axudastes e empurrastes para que todos xuntos rematásemos con éxito este gran proxecto solidario.
 
¡¡¡MOITÍSIMAS GRAZAS!!!