Actividades Sociais-Culturais

Festa Social do Nadal (Venres, 16 de decembro)

Auditorio dos P. Capuchinos (Rúa Vázquez Varela, 15) ás 20:15 horas

Como cada ano por estas datas, convidámosvos á Entrega de Trofeos e a celebrar a Festa do Nadal xuntos para despedir o noso ano de actividades, aínda que quedan a Marcha do Pavo dos adultos e o Xantar Montañeiro dos  máis novos, serán o domingo día 18.
 
Xa sabedes que a tradición é traer algo para compartir este venres no Local Social e facer así unha boa celebración.

Aqueles que non viñeron nunca teñen agora a mellor das oportunidades.

 
¡¡¡NON FALTEDES!!!