Actividades Sociais-Culturais

FESTA DO REENCONTRO (Venres 11 Setembro, 20:30 horas)

Lembrade que este venres teremos na sede do club o primeiro «acto social» despois das vacacións.

 Aproveitaremos para ver as fotos tomadas na saída oficial do club a Gavarnie e tamén algunhas fotos do Campamento Infantil en Arbás. Ao remate da proxección teremos tempo de tomar un viño e uns pinchos.

Nesta ocasión contaremos coa axuda dalgúns socios xuvenís que xestionarán a cantina, todo o que se recade ese día será para «o bote do Nepal».
Se alguén quere facer algunha aportación para a cantina (tapas), por favor, chamade ao teléfono: 660 69 35 35  e así, nós poderemos  facer as previsións.

 

¡¡¡Agardamos a vosa participación.
Será una boa festa!!!