Actividades Sociais-Culturais

FELICITACIÓNS POLO IRMANDAMENTO

Con esta nota, queremos deixar constancia dos parabéns recibidos dos nosos amigos da S. Deportiva de Torrelavega, pola celebración do 30º aniversario do irmandamento entre os dous clubs. Foron dúas xornadas extraordinarias as que puidemos difrutar, grazas á implicación e ao fabuloso traballo de todos os que colaborastes con ilusión e entrega para que todo saíse o mellor posible. E notouse moito este feito de facelo con agrado.
A Xunta Directiva está moi orgullosa e agradecida de contar con socios coma vós…. Fostes moitos os que traballastes coordinando e desenvolvendo as distintas actividades e nós, facémonos donos da vosa ilusión para seguir traballando o mellor que poidamos.
 
¡MOITÍSIMAS GRAZAS POR FACER CLUB!
 
O noso agradecemento tamén á Comunidade de Montes de Valadares e a Rosquillas “El Ancla” pola súa inestimable colaboración.