Actividades Espeleoloxía

Fantástico remate «Semana da espeleoloxía»


A pasada fin de semana rematou a “Semana de Espeleoloxía” cunha fantástica actividade que se levou a cabo no Courel. Fixéronxe varios grupos para visitar as distintas covas e todos, adultos, infantís e xuvenís, máis de corenta persoas, gozaron das marabillas que se agochan baixo terra grazas ao gran traballo dos amigos do club CETRA.

Facemos público o noso agradecemento a eles e, como non, a Marcos Vaqueiro que tras a interesantísima charla do pasado venres día 6 levou gran parte do traballo destas xornadas adicadas á espeleoloxía, xunto ao noso incansable vogal  Suso Expósito.

 
Deixámosvos algunhas fotografías e vídeos da actividade. VER ÁLBUM
 
 
 
Regresar a la lista