12 julio, 2016

Faite socio/a

Para facerte socio de Club Peña Trevinca, non tes máis que descargar o ficheiro chamado Solicitude de Ingreso, cumprimentalo debidamente e envialo a:

Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia
R/ Brasil, 46 Entreplanta. 36204 VIGO (Pontevedra)

Podes envíalo tamén por correo-e: info@trevinca.es

Ou, se o prefires, tamén podes facelo directamente cumplimentando o formulario de abaixo ou ben no noso local, nesa mesma dirección. Convidámoste a que nos visites ou nos chames para que teñas unha información máis completa das actividades e do club. Teléf. 660 69 35 35

Ser socio do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia significa que, ademais de pertencer a un club pioneiro en Galicia na difusión do montañismo e outros deportes relacionados coa montaña e a natureza, tamén disfrutarás doutras vantaxes, como por exemplo:

Poder participar nas actividades de sendeirismo, montañismo, escalada, esquí e outras que organice o club.
Poder obter a licenza federativa con todas as vantaxes que esta leva.
Subvencións de actividades, licenza federativa e cursos da F.G.M.
Uso gratuíto de material de escalada e montaña dispoñible no club.
Posibilidade de uso do noso refuxio de Faro Budiño, e asesoramento para o uso de albergues e refuxios doutros clubs de España.
Acceso á biblioteca e á información de sendeiros de que dispón o club.
Descontos nalgunhas tendas de material de montaña.
Poder participar nos concursos e actividades establecidos polo club, nos que se entregan distintos trofeos e recoñecementos ao completar os mesmos.
Os interesados poden consultar na F.G.M. os distintos tipos de seguro e as coberturas que teñen asociadas, xa que varían segundo a complexidade do risco.

Podes facerte socio se o desexas, cumplimentando o seguinte formulario

DATOS IDENTIFICATIVOS :

















DATOS BANCARIOS :





DOCUMENTACIÓN :

Dende aquí poderá enviar arquivos adxuntos, tan só faga click no botón e selecione os que queira enviar , recorde que pode enviarnos varios arquivos adxuntos nun ficheiro comprimido.

ACEPTACIÓN DE CONDICIÓNS:

Acepto as normas do club, que me son entregadas neste momento, para o meu coñecemento a así mesmo:
AUTORIZO a que sexan cargados os recibos emitidos ao meu cargo polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia para satisfacer as cotas sociais e os gastos por actividades nas que participe, na miña conta do banco:

ACEPTO AS CONDICIÓNS

AVISO LEGAL:

Información básica sobre protección de datos
Responsable CLUB PEÑA TREVINCA. +info....
Finalidad Mantener el contacto contigo u otras acciones que nos solicites.. +info...
Legitimación Consentimiento del interesado. +info...
Destinatarios No se cederán datos a terceros, salvo obligación legal. +info...
Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional.
Información adicional Puedes consultar la información adicional y detallada sobre protección de datos en nuestra página de política de privacidad.

[recaptcha]