Actividades Montañismo e Sendeirismo

EXTRAORDINARIA RUTA DOS FRADES CON DISCAMINO

 

Domingo 23 de maio de 2021


Foi extraordinaria esta ruta por dou motivos principais,  e que, cunha xornada  primaveral fabulosa  puidemos gozala na compañía  dos amigos de DISCAMINO. Por primeira vez acudimos na súa compañía a camiñar e disfrutar da natureza comprobando sobre o terreo como se moven e o esforzo que fan para ofrecer un día distinto e feliz a persoas que de xeito individual o terían moi complicado de facer.

 No medio dunha camaradaría excelente, o  primeiro tramo ata o cume do San Nomedio foi algo custoso pola subidas pero con algo de esforzo físico  foise  levando. Máis complicado resultou o tramo final  a carón do rio Miño cando as dificultades do terreo por onde circula o sendeiro ofreceu algunha complicación “extra”,  pero aínda así, con  gran actitude por todos  superáronse os atrancos.

Quedounos unha excelente  sensación e no ánimo está en que o  imos repetir noutras actividades. Aproveitamos para FELICITAR a todos os participantes pola solidariedade demostrada e aos membros desta incríbel ASOCIACIÓN HUMANITARIA  e a Javier Pitillas, “Alma promotora” da mesma, unha forte aperta e Felicitación dos socios do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia.