Actividades Sociais-Culturais

Exposicións audiovisuais e entrega de premios I Concurso Fotográfico

Lembrade que hoxe venres día 26 ás 20:30 horas no  local social o noso socio Francisco Álvarez «Paco» pasará unhas proxeccións sobre Dolomitas e as vías ferratas. Tamén veremos un resumo de distintas actividades que organizou o club no 2015, e por último «Escornabois. Entremareas II» un vídeo producido e realizado por Paco na súa totalidade.
 
Inmediatamente despois faremos entrega dos agasallos correspondentes ao I Concurso Fotográfico e pecharemos a tarde coa inauguración dunha exposición fotográfica.
 
 
Regresar a la lista