IV SEMANA DA ESPELEOLOXÍA
RÍOS E LAGOS SUBTERRÁNEOS DO COUREL
Este martes día 5 abrimos a lista para participar nesta actividade de espeleoloxia, que terá lugar na serra do Courel os días 30 de setembro e 1 de outubro. Onde exploraremos covas con curso de auga aptas para todos, e outras onde será necesario progresar con cordas . A pernocta será no camping de Seoane do Courel, sendo posible durmir en bungaló ou acampar, e con cea e almorzo incluidos. Para participar, coa licencia de montaña é suficiente.
É moi importante anotarse o mais axiña posible por ser unha actividade con límite de prazas, ademais, temos que tramitar o permiso coa Rede Natura para poder facer a actividade.
Buraca das choias ,Ceza, Forcadiña ,Longo de Meu, Pena Paleira e Tara da Trega son algunhas das covas que poderemos visitar e disfrutar, con ríos, lagos e espectaculares formacións.
A PARTIR DESTE MARTES INFORMACIÓN NO CLUB
986 420 551 / 660 693 535
Disfrutade do seguinte vídeo da cova de Forcadiña, e próximamente subiremos mais doutras covas.