Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís, Actividades Espeleoloxía

ESPELEOLOXÍA: Cova do Rei Cintolo (24 e 25 abril)

 XUVENIL

Este mes imos facer unha actividade de espeleoloxía pensada para os rapaces en idade xuvenil para así ir consolidando este excelente grupo, ademais de ir recuperando todo tipo de actividades para eles. 


Como é habitual, para ir a unha cova hai que mandar toda a documentación con moita antelación, sobre todo nesta gruta, pois por motivos da covid-19 se é moi estrito cos permisos e número de participantes polo que nada máis ler a circular, chamade ao club e se vos dará toda a información. Nas actividades de espeleoloxía terán preferencia todos os socios que teñan licenza de espéleo.

Tamén estamos a traballar nas próximas actividades de marcha nocturna (ten que acabar o toque de queda), campamento de espéleo inf-xuv, barranquismo, etc.