ACTIVIDADES DE SETEMBRO A DECEMBRO
XORNADAS DE ESCALADA
Data: de outubro a maio
Lugar: Rocódromo da Universidade de Vigo
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Data: de outubro a maio
Lugar: Pavillón de Quirós (Sárdoma)


ACTIVIDADES DE ESCALADA
Unha das modalidades deportivas, dentro do montañismo, que está a ter máis afeccionados nos últimos anos é a escalada. No Club Peña Trevinca tamén está crecendo o número de socios que “fan quedadas” para escalar nas distintas zonas coas que conta a nosa cidade, desprazándose a outros lugares cando a ocasión o permite.
A finais de decembro do 2015, inaugurouse no Local Social do club un búlder, onde poden adestrar os nosos socios que estean en posesión da Licenza Federativa. O feito de estar federado, obrigatorio para esta práctica, dá a realizar os distintos cursos que imparte a Federación Galega de Montañismo (FGM) a través da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
A vogalía de escalada organiza «quedadas» semanais e cursos, tanto para persoal universitario como para os seus socios, no rocódromo da Universidade de Vigo.
Estes cursos poden estar subvencionados ata un 50% para os socios do club.
Os escaladores do club contan tamén cunha importante bibliografía á súa disposición na biblioteca do local e poden dispoñer do material que precisen para as súas actividades.
O club conta tamén cun refuxio na Escola de Escalada de Faro Budiño.
A Federación Galega de Montañismo (FGM) organiza cada ano competicións de “Escalada Base” para os máis novos e “Copas de Escalada” para os adultos.
BIBLIOGRAFÍA DA ESCALADA EN GALICIA:
En 1997 publicouse a única guía completa de escalada en Galicia: “Galicia Vertical”: guía de escalada (Miguel Seoane, Javier Carreiras) pero este libro está xa descatalogado, podendo atoparse para a súa descarga en internet. Actualmente existen diferentes guías que retratan zonas concretas e que iremos detallando máis adiante.
Guias de escalada deportiva y bulder:
Guia de escalada Monteferro
Guia de búlder Pena Corneira
Guia de escalada clásica en Budiño
e outros títulos de reseñas, entre eles destacamos:
AUTORES
Alfonso Louro Fuentes
Gustavo Vázquez Fariña
Rocha Nai, pretende recompilar, na medida do posible, todas as novas zonas de escalada desenvolvidas nos últimos anos en Galicia, así como a ampliación das xa existentes, independentemente do seu tamaño, carácter ou prestixio, tentando poñer en valor a escalada de autoprotección, demostrando que pode e debe ser compatible a convivencia da escalada deportiva equipada, tal e como comunmente coñecémola, coa escalada limpa ( Clean Climbing). Esta debe ser respectada para que as futuras xeracións poidan gozar do pracer de escalar rutas co compromiso que esixe ser responsable da autoprotección.
PLANO ZONAS ESCALADA
Cordillera Cantábrica. Escaladas selectas en roca. 1200 vías desde los Picos de Europa a la Babia.
Escaladas selectas en nieve y hielo. 197 vías de los Picos de Europa a los Ancares
Consultar os seguintes enlaces:
http://os2o.com/blog/escalada-en-galicia/
http://es.wikiloc.com/rutas/escalada/espana/galicia
A ESCALADA
As primeiras referencias gráficas sobre escalada que temos do noso club, están datadas en agosto de 1950 e fan referencia ao II Curso Oficial de Escalada, celebrado con “gran brillantez” no Faro de Budiño. Cita como monitores da F.E.M. (Federación Española de Montañismo) a Baldomero Sol e Eduardo Fontes, pertencente este último ao G.A.M. (Grupo de Alta Montaña) do Club Peñalara. Di do primeiro que é unha das primeiras plumas en “literatura de montaña” e delegado da F.E.M. dos grupos de alta montaña e de guías. Vén precedido de magníficas escaladas “primeiras e directísimas” sendo a última o Pique Longue no Pireneo francés (Macizo de Vignemale). Comenta así mesmo o recorte de prensa, que ten intención de escalar a vía oeste do Naranjo de Bulnes. De mans destes mestres iniciaron os membros do Club Peña Trevinca os seus pasos polo mundo da escalada.
Aos poucos, fóronse abrindo vías en Budiño e no Galiñeiro e, máis adiante, afrontouse o reto de Pena Corneira, pola súa canle sur, ascensión realizada con axuda de cuñas de madeira, tal é o ancho da greta que en ocasións pasa a ser unha cheminea.
Pero tal vez a verdadeira eclosión da escalada no Club Peña Trevinca, vén da man de Antonio Fariña, quen alá polo ano 1970, logrou aglutinar ao seu redor un nutrido grupo de escaladores cos que se alcanzaron importantes ascensións. Da súa man, realizáronse numerosas saídas a Picos de Europa, Pireneos, Alpes, Alto Atlas, Macizo do Fogar… sempre buscando itinerarios novos e con certo compromiso.
Produto daquel movemento, faise entón necesario afrontar a construción dun refuxio no Faro Budiño, construción que se realiza ao principio con prestación persoal dos escaladores e finalízase financiado polo Club Peña Trevinca, cando os escaladores o ceden ao mesmo.
Ata aquí algunhas referencias dos primeiros pasos da escalada no club. Hoxe en día o mundo da escalada é inmenso e as distintas variedades desta práctica deportiva, xunto cos graos de dificultade, van dende os rochódromos, pasando polos distintos tipos de rocha, ata a escalada en xeo ou mixta.
Nada mellor que “adentrarnos” no paraíso da escalada da man da propia FEDME:
REGULAMENTO COMPETICIÓN ESCALADA IDADE ESCOLAR
Para acceder a este regulamento premede aquí.






Búlder do Local Social do club na rúa Brasil