Actividades Escalada

ESCALADA INFANTIL NO BÚLDER DO CLUB

Un ano máis imos comezar estes cursiños de escalada para os máis novos no búlder do Local Social. As idades serán de 6 a 10 anos e terán lugar os MARTES de 18  a 19,30 h e os SÁBADOS de 11,30 a 13 h.

A nosa intención é que duren de novembro ata abril de 2022 e nos últimos meses, cando sexa posible, achegalos tamén ao rocódromo da UVigo ou ao Galiñeiro  a que practiquen algo de corda.

O grupo dos sábados comezará as clases o 6 de novembro e o dos martes farao o día 9. Unha vez obteñan praza será preciso tramitar a Licenza Federativa, no caso de que non a teñan.

Serán grupos de seis nenos/as así que estade moi atentos á  inscrición que comeza o mércores día 3, tendo que chamar ao club, 986 42 05 51,  a partir das 19,30 h.

Regresar a la lista