Actividades Escalada

ESCALADA INFANTIL BÚLDER CLUB

Un ano máis imos facer este cursiño de escalada para que os máis pequenos, de 6 a 10 anos, comecen a “tocar presas”, exercitar os brazos e a estimular a destreza para ir entrando no mundiño da escalada.

Tal como explicamos na circular de xaneiro, faremos dous grupos de 6 participantes. Un adestrará os martes de 18 a 19.30h e o outro os sábados de 11.30 a 13h. 
Nun principio a intención é que dure tres meses, logo, xa ao remate, intentaremos facer algunha clase no rochódromo da UVigo ou en rocha.

A lista a teremos aberta, por orde de inscrición,  dende o xoves  día 14 ata o 28 de xaneiro. Por suposto que os nenos/as teñen que estar federados.
Para mais información ou para apuntarse chamar ao club.