Actividades Sociais-Culturais

ENTREGA DE TROFEOS E FESTA SOCIAL DO NADAL (Venres 18 decembro)

Hoxe venres ás 20:15 horas no Auditorio dos P. Capuchinos na rúa Vázquez Varela 15 temos unha cita que ninguén pode perder.

 

 
O mesmo que en anos anteriores, en primeiro lugar faremos a entrega de trofeos a todos os nosos socios que, participando nalgunha das diferentes categorías, foron quen de acadalos. Unha vez remate este acto, achegarémonos ao noso local para festexar estas datas todos xuntos compartindo os manxares que voluntariamente cada un aporte.


CONTAMOS CON TODOS VÓS.
¡¡¡¡BO NADAL!!!