Con esta dúas actividades rematamos o noso ano deportivo-montañeiro 2021.
O venres entregamos os trofeos dos concursos sociais no Auditorio dos PP Capuchinos nun acto moi diverso, festeiro e entrañable.
Entre canción e canción do grupo The Calcetins Blues Band, que nos animaron todo o acto, fomos entregando os diversos trofeos e tamén homenaxeamos a Araceli e Natalia Vale pola súa excelente traxectoria na escalada froito dun enorme esforzo persoal e familiar.
Tamén recibiron o seu premio, de mans da vogal de Medioambiente Cristina Fernández, os gañadores do concurso fotográfico; Cristina Nartallo e Martina Alonso.
Logo, no sorteo extraordinario, Gustavo Bergantiño e Amalia Couto recibiron os mellores premios da noite; Un xamón de Torres Nuñez e unha fin de semana nunha casa rural para dúas persoas. NORABOA AOS DOUS.
Moitas grazas de novo a Luís Álvarez, Eva Torres, Belén Collazo, Luís S. Juan e Santi Veloso pola vosa simpática e animada actuación.
Xa o domingo fomos a colocar o Belén navideño no cume de Faro Budiño. Os nenos e nenas da Sección Infantil foron os encargados de elaborar as figuriñas biodegradables do nacemento.
Cun tempo extraordinario cantamos unhas panxoliñas e iniciamos a Marcha do Pavo que tivo como gañadores a parella 19 formada por Isabel Alonso e Mario Cuervo. O beneficiado do sorteo da pava foi o noso directivo da S. Infantil Ignacio Carrera. FELICIDADES A TODOS ELES.
Podedes lembrar todo o acontecido entre o venres AQUÍ e o domingo pulsando AQUÍ.