Notas Informativas

ELECCIÓNS FEDME: Parabens e grazas

Xa temos os resultados definitivos que estabamos agardando, podemos confirmar que a vosa participación nas votacións a Asemblea da FEDME foi un éxito total para a candidatura de apoio a Alberto Ayora que promovemos dende o noso  club,  xa que saímos elixidos todos e nos primeiros postos dos estamentos do  proceso electoral.

Non temos unicamente que estar satisfeitos polo resultado, que o estamos  e  moito, se non tamén pola destacadísima participación  do voto por correo dende Galicia,  que deixou asombrados aos compoñentes da Xunta Electoral  que verificou este voto en Barcelona.

Agora, tras a elección do novo Presidente, Alberto Ayora, que terá lugar o 30 de xaneiro polos membros da Asemblea, tócanos poñernos a funcionar para que poidamos dar un pulo á FEDME poñendo en valor o montañismo pois, sendo a 5ª modalidade deportiva en nº de licenzas, temos moito percorrido por diante para mellorar en moitos aspectos cas administracións e outros entes deportivos. Sen esquecer o proxecto  a levar a cabo dende a nova dirección da federación no cal agardamos participar e tervos tamén informados.

Moitísimas grazas dende o Club Peña Trevinca e de toda a candidatura galega , os deportistas Fausto Blanco e Fernando Fdez. e os técnicos Katia Sanz e Javier Aradas,  polo apoio que nos transmitísedes cos vosos votos e a responsabilidade que asumimos. Tamén a gratitude que xa nos transmitiron tanto o candidato á Presidencia, Ayora, como dende outros clubs e federacións implicadas.

Podedes verificar os resultados premendo aquí