Sección de Medioambiente

Día dos océanos 2023

Un ano máis achegámonos ao a Internacional dos Océanos e, como non, hai que mollarse! Para o sábado día 10 de xuño temos planeada unha fermosa ruta en caiac entre O Grove e a Illa de Arousa. Iremos da man de Alecrín Actividades e navegaremos abondo entre as bateas e as cristalinas augas da ría. Cara á tardiña, cando baixe a marea, pararemos nunha zona do intermareal rochoso para escoitar unha explicación dos segredos que agocha este ecosistema. Ollo, porque ao finalizar a charla teremos unha sorpresa con agasallo incluído!

As prazas nos caiacs son limitadas polo que abriremos a lista cun pouco máis de antelación do normal: do 30 de maio ao 6 de xuño. Para os que quededes fóra, probablemente fagamos unha ruta de sendeirismo pola zona. Estade atentos ao blog para ir coñecendo máis información.

Regresar a la lista