Pensamos que é un bo título para resumir o vivido a pasada finde no Courel.
Actividade a que acudimos coa S. Infantil-Xuvenil e na cal coincidiron, anecdocticamente, dous socios recen chegados ( catro días como tal uns) con outros dous que xa levan 60 anos…e seguen. Grande o noso Club.
Bo tempo para camiñar o sábado e tremenda noite de choiva xa pola noite e na mañá do domingo. Circunstancia esta que nos levou a pospoñer a visita a Rogueira e baixar a Quiroga para visitar dous museos, xeolóxico e etnográfico. Sabia decisión pois pagou moito a pena e animamos a que non os coñeza a que os visite en canto poida.
Antes da cea tivemos unha animada “previa” cunha actuación inesperada de Santi Veloso e Enrique Toba e as súa guitarras, EXTRAORDINARIO.
Logo xa na noite, e tras cear….MAGOSTO A TOPE: Música tradicional con tres gaiteiros, Anselmo, Toba e Isma, tamboril e varias pandereteiras que, xunto cas animadas voces, fixéronnos pasar unha boa troula a pesares de que a choiva continuaba os poucos. MOITAS GRAZAS A TODOS. Ah…tamén xantamos castañas asadas, claro, con algún “acompañamento” da terra.
Xa o luns visitamos a Devesa da Rogueira en tres grupos. Antes de comezar puidemos disfrutar das explicacións sobre botánica e as características naturais especiais que agocha esta devesa a través das explicacións que nos deu o socio Raimundo Alonso. Moitas grazas tamén pois complementou perfectamente a iniciativa da Vogalía de Medioambiente que promoveu esta actividade da man da vogal Cristina Fernández.
E, por si era pouco, mais de dez socios/as participaron no CONCURSO FOTOGRÁFICO do cal nestes momentos podemos dicir que xa doce fotografías (6+6 de cada temática) pasaron a primeira criba antes de ser expostas no club e determinar as gañadoras, decisión que, tal como recollen as bases, o xurado emitirá o 19 de novembro.
Un grato recordo dos que participamos que podemos rememorar AQUÍ