Actividades Escalada

COPA GALEGA DE BLOQUE

Un remate de tempada espectacular para as irmás Araceli e Natalia Vale. Esta fin de semana celebrouse a 2ª proba da copa galega de bloque e o Campionato galego de dificultade en Lugo. Moi bo ambiente entre os participantes, aínda que foron dous días moi fríos nas instalacións de Rocolugo. 
Araceli competía en categoría absoluta e conseguíu o 1º posto do podium  galego en ambas as dúas probas proclamándose Campioa galega de dificultade por tercer ano consecutivo e campioa da Copa galega de bloque. 
Natalia, en categoría sub 16, fixo unha clasificatoria espectacular o sábado pola mañán, sendo a única da súa categoría que completou todos os pasos. Pero na final, un pequeno erro relegouna ao terceiro posto quedando finalmente en 2ª posición do podium galego da Copa. O domingo, con forzas renovadas, foi a única participante da categoría feminina que completou as tres vías de dificultade, acadando o primeiro posto do podium convertíndose en campioa galega de dificultade en categoría cadete. 
Dende o Club Peña Trevinca facémoslles chegar a nosa máis sincera noraboa e desexámoslles os mesmos éxitos para a próxima tempada.
Deixámosvos unhas fotos e vídeos das probas para que podades revivir a emoción dos campionatos.»