Actividades Sociais-Culturais

«Conversas sobre libros, lecturas e bibliotecas» (Venres 12, 20:30h )

Co título de «Conversas sobre libros, lecturas e bibliotecas» falará César Cunqueiro, escritor e poeta.

Á parte do pracer de escoitalo, teremos a oportunidade de reflexionar e aprender sobre aspectos literarios tales como: o libro coma obxecto e coma persoa, voces da oralidade e da escrita, a importancia do equilibrio entre as dúas (escritor e narrador/lector e ouvinte). Analizará tamén o valor da lectura para a formación e o enriquecemento da persoa e a relevancia das bibliotecas, concibidas como auténticas cidades dos libros, cos seus misterios ou pantasmas, coas súas guerras e tensións entre elas. Todo abordado dende unha perspectiva non exenta de humor.
ENTRADA LIBRE.

 
 
MAGNíFICA OPORTUNIDADE DE ESCOITAR A UN ORADOR MOI ESPECIAL 
 
 
 
Regresar a la lista